Empeza a campaña de roza e limpeza nas 15 parroquias do rural pontevedrés
Por Redacción
O operativo de roza e limpeza nas parroquias do rural xa comezou, como o Concello tiña previsto, pola parroquia de Mourente. O obxectivo deste operativo é someter a unha roza exhaustiva todos os espazos públicos de titularidade municipal, tal e como informou a Concellaría de xestión de residuos e limpeza viaria, que xestiona Raimundo González.
Nos traballos están traballando catro brigadas con dous tractores e dúas desbrozadoras, así como persoal que traballa manualmente ou con maquinaria pequena en espazos de máis complicada accesibilidade. Estes últimos encargaranse da recollida das rozas e do soprado das marxes, pero máis xeralmente, a retirada de maleza, limpeza de beiravías e canalizacións de pluviais que poidan estar tapadas por terra durante o inverno.
Os espazos que están sendo sometidos son vías, parques infantís, zonas verdes, lugares de centralidade parroquial e espazos periurbanos das zonas do rural coma Salcedo, Ponte Sampaio o Canicouva e nas zonas periurbanos da cidade como Mollavao ou Monte Porreiro.
A planificación que está facendo o Concello é para obter maior rendemento, polo que, unha vez rematada a parroquia de Mourente, o equipo continuará por Bora, Marcón e Tomeza, e seguirá polas parroquias do sur para rematar na zona norte, até completar as 15 parroquias do rural pontevedrés.