O cura salesiano nega durante o xuízo que abusara sexualmente de seis menores
Por Oskar Viéitez
Segundo C.V., o sacerdote do colexio Salesianos de Vigo, acusado de doce delitos de abusos sexuais a seis menores de 16 anos, negou realizar tocamentos a estes alumnos durante o verán de 2019.
Este martes celebrouse na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra a primeira das tres sesións previstas para este caso procedente do xulgado de instrución número 4 de Cambados.
O fiscal solicita para as acusado penas que suman 67 anos e medio de prisión.
Como cuestións previas, ao comezo do xuízo os avogados da defensa achegaron algunhas conversacións de WhatsApp entre o acusado e algunhas das vítimas. A Fiscalía rexeitounas pola falta de garantías nesas transcricións ao non estar debidamente acreditadas, con todo as acusacións particulares deron o seu visto bo xa que entenden que se trata de conversacións realizadas de madrugada entre uns menores e un adulto (o cura ten 41 anos).
Os letrados da defensa tamén incorporaron unha pericia psicolóxica do acusado, un exame forense que ata o de agora o cura rexeitara.
A declaración do acusado celebrouse en audiencia pública pero os testemuños de todos os menores serán a porta pechada para protexer a súa identidade. Ademais dispuxéronse uns biombos na sala para evitar a confrontación visual das vítimas co procesado.
O acusado respondeu unicamente as preguntas do fiscal e do seu defensa. Durante máis dunha hora explicou que é sacerdote "desde hace 12 anos" e que está destinado no colexio María Auxiliadora da congregación dos Salesianos na cidade de Vigo onde, entre outras funcións, exerce de profesor, coordinador da acción pastoral e director do campamento xuvenil do colexio e da asociación xuvenil Abertal.
Segundo asegurou durante a vista oral que mantiña "una relación correcta" cos mozos afectados nesta causa. E contestou que "no" a todas as preguntas do fiscal sobre se tocou os xenitais aos mozos, se introduciu a man dentro dos seus pixamas ou dos seus sacos de durmir, ou sobre se visitou as habitacións dos menores durante as noites.
O fiscal interrogou durante unha hora ao acusado. En primeiro lugar preguntou polos supostos abusos que se produciu entre o 15 e o 23 de xullo de 2019 nun centro da orde dos Salesianos en Cambados durante un campamento de verán que dirixía este sacerdote e que estaba organizado polo colexio, a través da asociación xuvenil Abertal.
O acusado explicou que compartiu habitación con algúns alumnos pero negou os tocamentos. Tan só indicou que entro nunha das habitacións para "mover" a un dos menores "para que deijase de roncar" un xesto que sorprendeu a un dos monitores que durmía nesa habitación que lle preguntou que facía alí. Este episodio non fora incluído nas súas declaracións anteriores, algo que chamou a atención do fiscal. O cura xustificou este cambio na súa declaración indicando que dous anos dan para pensar moito nas situacións e que agora si lembra.
O fiscal tamén interrogou ao cura en relación a outros supostos abusos cometidos durante unha peregrinación a Santiago de Compostela organizada polo colexio en abril de 2019 e o outro, dous meses despois, a un menor que acudiu á asociación xuvenil Abertal, dependente do colexio, a ver a final da Champions League de futbol.
Terminada a declaración do acusado o xuízo continuou a porta pechada co testemuño dos menores.
Relacionadas:
-
Orde nacional e internacional de detención do salesiano condenado a 32 anos de prisión por abusar de menores
Por Redacción |
-
Trinta e dous anos de cárcere para un sacerdote de Vigo que abusou de seis menores
Por Alejandro Espiño |
-
"Os tocamentos, por moi fugaces que sexan, son abusos sexuais"
Por Natalia Puga |
-
Os forenses consideran "creíble" o relato dos menores que acusan de abusos sexuais ao cura dos Salesianos
Por Oskar Viéitez |
-
Xuízo ao cura salesiano: "No denunciaron antes porque tenían miedo a que no les creyeran"
Por Oskar Viéitez |
-
Piden 67 anos de prisión para un relixioso salesiano por abusar de seis menores
Por Natalia Puga |