A área sanitaria supera o milleiro de infectados sen repercusión nos hospitais
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde notifica este martes 1.005 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Son 141 novos casos confirmados por probas diagnósticas de infección activa.
No caso concreto do Concello de Pontevedra son 37 casos máis co que o total de casos activos elévase ata os 248, en Sanxenxo 24 casos máis, en total hai 75.
O número de pacientes hospitalizados mantense en doce persoas atendidas na área sanitaria, todos eles no Hospital Montecelo. Nove deles están hospitalizados en planta e tres están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).
O resto dos que contraeron o virus, 993 persoas, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 14.408 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19.
Durante a pandemia rexistráronse 181 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 259.846, nas últimas 24 horas fixéronse 480.
A estas probas súmanse as 90.772 probas de antígenos e outras 95.939 probas de detección realizadas ata a data.
Para este martes están convocadas 3.300 persoas no Recinto feiral de Pontevedra e outras 1.200 en Fexdega para ser vacinados con AstraZéneca e Pfizer.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.684, son 626 mais que onte luns.
Deles 1.027 son da área da Coruña, 496 da de Lugo, 1.092 da de Ourense, 1.005 da de Pontevedra, 1.270 da área de Vigo, 577 da de Santiago e 217 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 53 en unidades de hospitalización e 5.621 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 126.891 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.425.679.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.146.502.
Relacionadas:
-
A explosión de contaxios chega aos 1.139 pacientes na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Aumenta un 173% o número de probas covid nas farmacias de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo alerta de que novas restricións poden "truncar" a recuperación económica
Por Redacción |
-
O aumento de contaxios segue desbocado
Por Oskar Viéitez |
-
A quinta onda suma outros 78 contagios este domingo na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Máis da metade dos ingresados en UCI teñen 40 anos ou menos
Por Oskar Viéitez |