O PP "confiará nos criterios técnicos" para valorar, "si é o caso", o mantemento de ENCE en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O Parlamento galego abordou este xoves en comisión parlamentaria unha iniciativa presentado polo Grupo parlamentario do PSdeG-PSOE para que a Xunta emita un informe medioambiental negativo que impida a permanencia do complexo industrial Ence-Elnosa, que foi rexeitado polo PP.
O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular, Román Rodríguez, argumentou que o Partido Popular "confiará nos criterios técnicos e nas esixencias ambientais fixadas pola normativa comunitaria, a máis esixente do mundo, para valorar o mantemento de Ence na súa actual localización en Pontevedra no suposto de que o Goberno do Estado tramite a prórroga da concesión desta factoría".
Rodríguez reiterou que o Partido Popular "defende a súa postura recollida tanto no programa electoral como en instrumentos de ordenación do territorio aprobados pola Xunta de Galicia, como das directrices de ordenación do territorio ou o plan de ordenación do litoral". En concreto, indicou que "neste último instrumento de planificación territorial se clasifica o espazo do complexo como ámbito de recualificación ambiental e paisaxística ".
Pola súa banda a portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, tildou hoxe de "absurdo " que o PP aprobara na pasada lexislatura no Parlamento a saída da factoría de Ence-Elnosa da ría de Pontevedra "para agora prorrogala outros 75 anos coa reforma da Lei de Costas dende o goberno central".
A deputada pontevedresa levou ao Parlamento esta iniciativa logo do incidente nas caldeiras que o pasado mes de agosto produciu un olor "forte e desagradable, xerou irritacións respiratorias aos veciños e mobilizou aos bombeiros e as forzas de seguridade sen que a empresa sequera informara do mesmo por consideralo un asunto interno".
No debate tamén participarón a voceiros dos Grupos parlamentarios do BNG, Ana Pontón e AGE, David Fernández Calviño.
Relacionadas:
-
Os socialistas alertan de que Elnosa podería acollerse á nova Lei de Costas para ampliar a concesión 75 anos mais
Por Redacción |
-
Mosquera: "ENCE ten perfectamente claro quen son os que se opoñen a súa pretensión de gañar moitos máis cartos continuando aí"
Por Redacción |
-
ENCE prepara xa a solicitude de prórroga en Lourizán e Arregui arremete contra o goberno local e a APDR
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |