A patronal, contundente: "No puede desaparecer ENCE de la ría de Pontevedra"
Por Alejandro Espiño
O presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros, foi tallante á hora de valorar a sentenza da Audiencia Nacional contra a prórroga de Ence, asegurando que a fábrica pasteira "no puede desaparecer de la ría de Pontevedra".
Cebreiros, que participou este venres na manifestación a favor da continuidade de Ence en Pontevedra, sinalou que a patronal valora "muy negativamente" as consecuencias que pode carrexar esta resolución na economía galega.
"Podemos cuantificar el daño que provoca ahora mismo, pero no el daño futuro", sinalou o presidente da CEP, que advertiu de que "estamos obligando a cerrar" a todo un sector forestal e industrial que, no norte de España, "da vida a unas 200.000 personas".
As administracións, sinalou Jorge Cebreiros, deben de poñer "todo de su mano" para que esta situación "no acabe siendo el desastre que se puede prever" e non avance o proceso de "desindustrialización" dunha Galicia que vai camiño, dixo, de ser un "parque temático".
Con respecto ao posible uso de fondos europeos para buscar unha alternativa a Ence, Cebreiros optou por "ser práctico" e utilizar ese diñeiro para atraer "nuevas inversiones", xa que considera que "si hay algo que está funcionando por qué hay que buscar alternativas".
"Como consecuencia de esta sentencia nos vemos en la tesitura de buscar fondos para sustituir al sector industrial que estamos echando", engadiu.
Relacionadas:
-
García Pedrosa, de CC.OO.: "A sentenza de Ence é un monumento á falta de independencia do poder xudicial neste país"
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta pide ao Goberno que concrete "fondos europeos para dar unha alternativa a ENCE"
Por Diego Espiño |
-
Lores sobre a sentenza de ENCE: "Quen puxo en perigo os postos de traballo foi o cambalache do PP coa empresa buscando mecanismos ilegais"
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
"ENCE está en pie de guerra. Lo vamos a dar todo en las calles"
Por Alejandro Espiño & Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Feijóo critica a postura do Goberno sobre ENCE: "se cadra dálles votos, pero traen miles de desempregos"
Por Natalia Puga |
-
"As sentenzas deben cumprirse", advirte o Ministerio de Transición Ecolóxica tras a anulación da prórroga a ENCE
Por Diego Espiño |
-
"É o peor dos escenarios posibles", declara o secretario do comité de empresa de ENCE
Por María José Pita |
-
ENCE esgotará "todas as vías xurídicas" para defender a legalidade da súa prórroga
Por Alejandro Espiño |