Feijóo critica a postura do Goberno sobre ENCE: "se cadra dálles votos, pero traen miles de desempregos"
Por Natalia Puga
O presidente da Xunta de Galicia e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, tamén reaccionou este venres á decisión da Audiencia Nacional de anular a prórroga concedida á fábrica de Ence en Pontevedra en 2016 polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy e fíxoo criticando duramente a postura adoptada polo Goberno central.
"Nunca seremos un partido que colabore no peche de empresas, ao que lle dá igual a tarifa eléctrica aínda que pechen miles de postos de traballo, ao que lle de igual retirarse dun xuízo e non defender os títulos concesionais", criticou Feijóo durante a súa intervención no 17 congreso autonómico do PP que debería celebrarse en Pontevedra, pero desprazouse a Santiago de Compostela pola situación sanitaria da cidade do Lérez.
Feijóo referiuse ao futuro de Ence e tamén de Alcoa e da térmica das Pontes e mandou todo o seu apoio á poboación de Pontevedra, de Cervo en Lugo e de Ferrolterra, respectivamente. Ademais, criticou que a Avogacía do Estado decidise achandarse no recurso contra a prórroga de Ence "porque se cadra dálles votos, pero traen miles de desempregos".
O presidente da Xunta comprometeuse coa poboación de Pontevedra, A Mariña e Ferrolterra a que "mentres sexa presidente, estarei ao seu lado, sabendo o que é estar no paro como estivo a miña familia".
O PP é , segundo defendeu o seu líder autonómico, "un partido que non fai demagoxia co traballo, senón que fai todo o que pode para defender o traballo".
O vicepresidente da Xunta e líder do PP en Ponteveda, Alfonso Rueda, acudiu á manifestación convocada polos traballadores na tarde deste venres e explicou que o fixo porque "estamos apoiando o que sempre apoiamos desde a Xunta de Galicia e o Partido Popular, os postos de traballo de Ence".
Moi crítico tamén coa postura do Goberno, cuestionou que a súa decisión de achandarse no procedemento xudicial "ao final ten consecuencia" e "o que vai supoñer é que a principal industria de Pontevedra, que supoñía moitos postos de traballo directos e indirectos nesta comarca e no resto de Galicia, ve seriamente comprometido o seu futuro".
Relacionadas:
-
A Xunta pide ao Goberno que concrete "fondos europeos para dar unha alternativa a ENCE"
Por Diego Espiño |
-
Lores sobre a sentenza de ENCE: "Quen puxo en perigo os postos de traballo foi o cambalache do PP coa empresa buscando mecanismos ilegais"
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
"ENCE está en pie de guerra. Lo vamos a dar todo en las calles"
Por Alejandro Espiño & Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
A patronal, contundente: "No puede desaparecer ENCE de la ría de Pontevedra"
Por Alejandro Espiño |
-
"As sentenzas deben cumprirse", advirte o Ministerio de Transición Ecolóxica tras a anulación da prórroga a ENCE
Por Diego Espiño |
-
"É o peor dos escenarios posibles", declara o secretario do comité de empresa de ENCE
Por María José Pita |