Adxudicadas as obras da nova planta de transferencia da Lama cun investimento superior a un millón de euros
Por Redacción
Máis de 1,1 millón de euros destina a Xunta de Galicia, a través de Sogama, á adxudicación das obras da nova planta de transferencia da Lama. Este centro mellorará a actual microplanta de xestión de residuos.
Instalarase no polígono industrial de Racelo, nun espazo de preto de 2.300 metros cadrados. Esta nave dará servizo aos municipios tanto da Lama como de Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes e Ponte Caldelas.
Tamén está previsto que se poida ampliar a outros municipios, ao contar cunha capacidade de transferencia de máis de 5.000 toneladas anuais.
Ademais, está previsto habilitar unha nave dunha extensión de 600 metros cadrados con sistema de traslación de contedores, báscula, compactador fixo, depuradora de augas residuais e paneis solares, entre outras estancias.
Con esta instalación transferirase, ademais da bolsa negra e da bolsa amarela, a parte de residuos orgánicos que se recollan no contedor marrón. Despois serán enviados á planta de biorresiduos que se creará en Vilanova de Arousa.
A Xunta anuncia que a empresa adxudicataria entregará o proxecto de execución e actividade en tres semanas para que a obra estea finalizada nun prazo de 16 semanas, coa intención de que entre en funcionamento no verán de 2022, anticipándose á implantación a finais de 2023 da recollida selectiva de materia orgánica que establece a Unión Europea co quinto contedor, de cor marrón.
Relacionadas:
-
A nova planta de residuos da Lama estará operativa a finais deste ano
Por Redacción |
-
Sogama adxudica por máis de 15 millóns de euros a nova planta de biorresiduos de Vilanova
Por Redacción |
-
A Lama completa a humanización da rúa Cocheiras, que pasa a ser de sentido único e sen aparcamentos
Por Redacción |