Os socialistas pontevedreses presentarán enmendas aos PGE por máis de 100 millóns de euros
Por Redacción
Os Presupostos Xerais do Estado (PXE) volven a maltratar a provincia de Pontevedra cun menor gasto por habitante que a media de Galicia, declarou Santos Héctor, secretario xeral do PSdeG-PSOE na xuntanza da Executiva Provincial celebrada este luns en Pontevedra.
O secretario xeral provincial manifestou o seu rexeitamento os orzamentos xerais do Estado e os que está a presentar a propia Xunta de Galicia nestes días que serán "os orzamentos dos recortes e da caída das inversións". Santos Héctor puxo como exemplo a inversión do estado per cápita, "mentres a media de Galicia é de 486 euros en Pontevedra esta inversión redúcese a 419 euros por habitante", sinalou.
Outro dos datos facilitados polo máximo responsable dos socialistas na provincia foi a caída no ministerio de Fomento que acadará este ano un 37,9% menos que no 2012.
Para paliar esta menor labor inversora os deputados e senadores socialistas recolleron en toda a provincia emendas os orzamentos xerais do Estado por valor de 100 millóns de euros, aínda que non é unha cifra definitiva.
Por outra parte, a executiva provincial mostrou tamén o seu rexeitamento o proxecto de reforma da administración local que esta mesma semana inicia o seu debate no Congreso dos deputados.
Santos Héctor sinalou que trátase dunha contra reforma que o único que prevé é a anulación das competencias dos concellos máis pequenos e sustituilos polas deputacións.
O secretario xeral dos socialistas pontevedreses destacou que o Partido Popular está a cometer un "atentado contra o municipalismo" cunha centralización dos servizos básicos nas deputacións. "Unha administración como a Deputación de Pontevedra que o ano 2012 foi incapaz de usar a totalidade dos seus orzamentos e, que este ano disporá de case 170 millóns de euros e que tampouco vai ser capaz de executar non pode ser o exemplo dunha boa xestión como pretende o PP", argumentou Santos.