Samieira recupera as festas da Virxe do Carme e da Virxe das Dores
Por Redacción
Tras a súa suspensión o ano pasado pola pandemia da covid-19, a parroquia de Samieira recupera a programación dos festexos da Virxe do Carme e da Virxe das Dores.
As actividades relixiosas, musicais e lúdicas terán lugar durante a fin de semana do 11 e 12 de setembro, segundo explica a Comisión de Festas de Samieira.
O sábado 11, ás 12.00 horas, será a misa da Virxe do Carme, mentres que pola noite o campo de fútbol Río de Bois acollerá as actuacións do grupo Fussión e da orquestra Marbella, con entrada libre ate completar aforo.
Xa domingo 12, ao mediodía será a misa da Virxe das Dores. Pola mañá tamén haberá animación polas rúas da parroquia a cargo das asociacións Vides Novas e Charanga OT.
Pola tarde, a Praza Alfredo Romay será o escenario de inchables e da Festa da Espuma e, para animar a xornada, actuará a Batucada Os Queimatasas.