Reflexións no Día da Pobreza: "Este sistema nos empobrece muchísimo. Y cada vez más"
Por Natalia Puga
Cales cre que son as causas da pobreza?
- Moitos ricos moi ricos.
- O egoismo.
- O paro.
- Os de arriba.
Son respostas de veciños de Pontevedra, cidadáns anónimos que este xoves se uniron á proposta do Grupo Boa Vida Inclusión Activa para celebrar o Día Internacional pola Erradicación da Pobreza e a Exclusión Social. Este grupo intégarano pontevedreses en risco de exclusión social e con motivo do 17 de outubro quiseron coñecer a visión que ten o resto da cidadanía da capital sobre a súa realidade diaria, vivir nunha situación de vulnerabilidade social.
Boa Vida Inclusión Activa está integrado na actualidade por un grupo de 34 pontevedreses que, segundo a súa presidenta, Teresa Petiño, se reparte entre dous perfís sociais: "unos con pobreza extrema e outros con pobreza inducida". Eles cren que non hai unha soa causa para ter chegado a esta solución e, como puideron comprobar nas enquisas que fixeron a pé de rúa, tampouco o resto dos veciños da cidade coinciden sobre cal pode ser a orixe de que "cada vez empobrecemos máis".
Que se pode facer para cambiar isto?
- Non se ve solución.
- Máis traballo e solucións
- Que sexamos mellores e sensibles ante a necesidade.
- Cambios políticos e sentido común.
Esa foi outra das preguntas que dende Boa Vida quixeron trasmitir aos pontevedreses, saber se lle da unha guía para abordar este importante problema social. Unha vez máis, os cidadáns non o teñen claro, poois a pobreza tan caras moi distintas e perfís moi distintos e non hai unha resposta común para todos. Dende este colectivo pontevedrés, a solución pasa por cambiar o sistema, pois "este sistema realmente nos empobrece muchísimo. Y cada vez más".
No caso de Pontevedra, segundo Teresa Petiño e a súa compañeira na asociación Ruth Iliana Casas, hai dous perfís máis marcados entre quen vive en situación e exclusión social. "Las edades de exclusión son distintas, pero hay muchos casos de gente joven, está muy excluída la gente joven. Y luego la gente mayor, a partir de los 45 y 50 años ya no existimos". Si ven un denominador común na mayoría das personas nesta situación na cidade: "los excluidos somos casi todos enfermos".
Grupo Boa Vida Inclusión Activa: "Está muy excluida la gente joven"
Para darlle ocasión aos pontevedreses de aportar a súa testemuña, en horario de mañá e tarde cubriron decenas de enquisas coas preguntas relatadas e fixeron gravacións en video das respostas. Esta acción correu a cargo dun grupo de recén graduados de Comunicación Audiovisual que están a rodar un documental sobre a pobreza e a exclusión social na cidade.
O Grupo Boa Vida traballa durante todo ano para loitar contra a pobreza e favorecer a inclusión social das persoas máis desfavorecidas. Entre as actividades que realizan figuran asembleas semanais de debate e organización, un grupo de axuda mutua, busca de financiamento para proxectos ou accións de radio comunitaria con apoio da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). O 30 de novembro terán un encontro coa Fundación Traperos de Emaús Navarra.
Son, ata agora, o único grupo en Galicia formado por persoas en situación de pobreza e exclusión social e levan traballando a favor da inserción real e activa máis de dous anos. Entre todos redactaron un manifesto no que reflexionan: "Dicen que somos pobres... excluidos... sin hogar... Según el diccionario de la lengua, hogar es el lugar donde se hace el fuego, la lumbre que une a la familia, alrededor de él se come, se habla, se comparte y se vive Pontevedra es nuestro hogar".