O PP incrementa a presión política sobre o goberno local "para que faga por fin o orzamento"
Por Redacción
O voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira, solicitou formalmente ao alcalde que elabore e presente ante o pleno un proxecto de orzamento municipal para o ano 2014, despois de deixar que o 2013 transcorrera coas contas prorrogadas, "unha práctica completamente extraordinaria na maioría de administracións ou organizacións de calquera tipo, pero moi habitual no Concello de Pontevedra desde que Miguel Anxo Fernández Lores está á súa fronte".
"A necesidade de que se inxecte transparencia a actividade municipal é manifesta" di Jacobo Moreira que xa anunciou a principios de setembro a súa firme intención de incrementar a presión política "para non deixar pasar un ano máis sen orzamentos".
No escrito presentado no Rexistro do Concello, ademais, aproveita para reclamar que eses presupostos inclúan unha batería de medidas fiscais.