En funcionamento a plataforma de formación en liña para acceder a contidos de SmartPeme
Por Redacción
A plataforma de formación en liña dirixida a persoas autónomas, emprendedoras e empresas usuarias do programa Smartpeme da Deputación de Pontevedra xa se atopa en funcionamento. Trátase dunha aplicación que utiliza o software libre Moodle e ofrece a posibilidade de acceder durante as 24 horas durante os 365 días do ano.
Este sistema ofrecerá unha selección de elementos formativos que se renovarán e actualizarán de maneira periódica, cun sistema sinxelo de manexo. Conta con diversas categorías de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC); imaxe; Centro Provincial de Economía Dixital; Impulsa, un programa de competitividade global para os negocios; e TurisTIC, destinado a proxectos turísticos.
O programa ofertará vídeos explicativos, infografías e presentacións. Para acceder é preciso rexistrarse a través da ligazón https://smartpeme.depo.gal/gl/inicio ou a través do formulario que se envía coa información quincenal de Smartpeme.
As persoas rexistradas recibirán unha mensaxe confirmada o seu rexistro e poderán acceder aos contidos do Moodle para mellorar os seus coñecementos en cuestións relacionadas coa competitividade e as iniciativas dixitais.
Ademais a rede da Deputación seguirá realizando con carácter semanal diversas actividades para potenciar o tecido industrial e empresarial da provincia, segundo sinalan desde a institución.
Relacionadas:
-
Carmela Silva presenta "os espectaculares datos" do servizo SmartPeme
Por Redacción |
-
Máis carteiras no proxecto SmartPeme para fomentar as novas tecnoloxías entre pemes e persoas emprendedoras
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
"Satisfacción inmensa" na Deputación cos datos turísticos rexistrados en xullo e agosto
Por Oskar Viéitez |
-
Smartpeme impulsa a 264 empresas do Salnés
Por Redacción |
-
A Deputación amplía a súa aposta pola rede SmartPeme e destinará preto de 1,2 millóns de euros
Por Redacción |