O Mercado celebra a súa particular vendima cunha cata de uvas e viño
Por Redacción
A Viñoteca do Mercado, situada no gastromercado da praza de abastos, celebrará esta fin de semana unha particular festa da vendima. Será cunha cata de uvas e viños.
A experiencia consistirá en comer uvas dunha variedade e beber seguidamente un viño monovarietal da mesma caste.
As castes de uvas elixidas este ano son albariño, brancellao, caíño branco, caíño tinto, espadeiro, loureiro branco, ratiño, sousón e treixadura.
As adegas participantes nesta cata serán Adega Moraima, Adega Eloi Lorenzo, Adega Pedra Longa, Lagar da Costa, Antonio Portela, Bodegas La Val e Bodegas L'ombre.
O horario do sábado será de 12:30 a 14:30 horas pola mañá e de 20:30 a 22:30 horas pola tarde. O domingo só haberá quenda de mañá de 12:30 a 14:30 horas.