A ordenación urbanística de seis núcleos de Vilaboa recibe o informe favorable da Xunta
Por Redacción
A consolidación dos núcleos de Saxosa, Sabaxáns, A Graña, Casfalcón, Sobreira e Novás rexistrou estes días un paso adiante ao recibir o Concello de Vilaboa a confirmación do respectivo informe favorable emitido polo departamento técnico da Xunta.
Unha vez que conclúa a longa tramitación administrativa que os clasificará como núcleos no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vilaboa os propietarios de vivendas poderán iniciar os procesos de regularización en caso de necesitalo ou solicitar licencia de construcción.
O PXOM de Vilaboa ordena un territorio de casi 37 kilómetros cuadrados dos que o 84,9% é de carácter rústico, o 13,73% é suelo de núcleo rural, o 1,02% é urbano e o 0,35% é suelo urbanizable. O PXOM abriu a opción de construir 820 viviendas novas nun plazo de dez anos.
A consolidación dos devanditos núcleos forma parte do proxecto de municipio que vertebra o Goberno local, e que no plano urbanístico pasa polo desenvolvemento dun centro neurálxico no Toural e a dotación de servizos básicos a todas as zonas rurais para que de xeito radial se poida acometer un crecemento ordeado que pase pola dotación de vivenda residencial e zonas industriais en harmonía cun sector turístico chamado a ser un activo económico fundamental.