40 condutores asisten aos cursos de condución segura de motocicletas impartidos pola Xunta en Pontevedra
Por Redacción
Chegan a Pontevedra os cursos gratuítos de condución segura de motocicletas impartidos pola Xunta de Galicia. Durante este sábado, ao redor de 40 condutores con permiso de conducir B+3, A1, A2 e A, asistiron a esta formación para mellorar o control do vehículo e conducir de forma máis segura.
As prácticas desenvolvéronse nas pistas da rúa Blanco Amor en dúas xornadas. A primeira quenda en horario de 8:30 a 13:30 horas e a segunda entre as 15:50 e as 20:30 horas.
Cada grupo, de 20 alumnos cada un, asistiu a unha sesión teórica de temas como o equipamento axeitado, as manobras, os tempos de reacción ou a meteoroloxía adversa, entre outros. A continuación, a formación práctica consistiu en manobras en parado, exercicios de axilidade e equilibrio, accións de freada e a realización dun itinerario completo.
Para celebrar a xornada, a Xunta contou coa colaboración da Unión de Moteros Europeos, Pons Seguridad Vial e a Escuela Nacional de Conducción de Motocicletas.
Estos cursos de condución segura xa leva con cinco edicións. Nesta ocasión comezaron a semana pasada en Ferrol e en Santiago de Compostela e rematarán o domingo en San Cibrao das Viñas.
Con eles, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dálle continuidade aos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas postos en marcha no 2017 para sensibilizar na importancia da seguridade viaria e contribuír a reducir o risco de accidentes. Coa celebración desta edición, a actividade formativa permitirá chegar a ofrecer, en total, formación a máis de 800 persoas, a través de 20 cursos, repartidos en 5 edicións.