Investigan penalmente o home que abandonou seis cachorros nun contedor de lixo
Por Redacción
A Garda Civil nun dispositivo conxunto con axentes da Policía Local de Sanxenxo lograba rescatar esta semana a unha camada de cans nacidos había uns días que foran abandonados no interior dun contedor de lixo na vila turística.
Un veciño alertou da presenza dos cachorros cando escoitou o xemido procedente do depósito de lixo. Grazas á rápida resposta da Policía Local, avisada pola Patrulla do Seprona da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, foi posible rescatar a todos os animais con vida.
Foron recollidos e trasladados ao centro de acollida CAAN, que xestiona a Deputación de Pontevedra para que fosen atendidos ante a situación de desamparo en que se atopaban os animais.
O Seprona iniciou unha investigación para identificar o propietario destes pequenos cans. Ao ser localizado, o home permitiu desprazar á nai dos cachorros ao centro de acollida para que puidese seguir aleitando ás crías.
Instruíronse dilixencias contra o propietario, que foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Sanxenxo. Alí terá que presentarse cando sexa citado en calidade de investigado como presunto autor dun delito de malos tratos animais.
Relacionadas:
-
Investigan unha muller que deixou morrer de fame e sede un can nunha casa abandonada
Por Natalia Puga |
-
Rescatan sete cachorros abandonados en dous contedores
Por Redacción |
-
A Xunta concede axudas ás protectoras de Cambados e Vilagarcía
Por Redacción |
-
587 animais adoptados neste 2021, cifra récord no CAAN
Por Redacción |
-
Recupéranse no Centro de Acollida dúas cadeliñas de dous meses abandonadas xunto coa súa nai en Vilaboa
Por Oskar Viéitez |