Unha comercializadora de electricidade 'verde' instalarase no polígono de Barro
Por Redacción
Dous parcelas ocupará o novo proxecto empresarial que se vai a instalar no polígono de Barro. Trátase da compañía Prosol Energía S.L., unha firma comercializadora de electricidade verde para clientes con instalación solar fotovoltaica de autoconsumo.
A empresa ocupará dúas parcelas de 2.225 e 2.456 metros cadrados respectivamente, polas que pagará á Deputación de Pontevedra case 561.000 euros.
Para a presidenta provincial, Carmela Silva, a chegada desta nova empresa é unha boa noticia porque xerará actividade económica e emprego.
Destacou ademais o feito de que se estean a asentar empresas que aposten pola economía verde, "que é unha das grandes transformacións que temos que facer no noso país ".
Na actualidade, o polígono de Barro ten unha ocupación dun 68,4% e das 76 parcelas existentes quedan 24 á venda, apenas un terzo dos terreos que estaban dispoñibles.