O goberno provincial aproba axudas para as escolas deportivas e bolsas para deportistas
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que a Xunta de Goberno provincial aprobou este venres as axudas ás escolas de música.
Son 80.000 euros para gastos de funcionamento de 24 entidades (Agolada, Barro, Cangas, Lalín, Mos, As Neves, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda, Silleda, Vigo, Vilaboa e Vilanova).
Ademáis, nesta mesma sesión, aprobáronse as axudas #DepoOlimpic, 18 bolsas de 5.000 euros cada unha ata completar un total de 90.000 euros para 6 mulleres e 12 homes deportistas que participaron nos Xogos Olímpicos de Tokyo.
A Deputación de Pontevedra concede estas axudas con independencia de que estes deportistas teñan obtido ou non un diploma, "porque ter chegado aos xogos xa é unha heroicidade", destacou Carmela Silva.
E para apoiar o deporte feminino "lanzamos as novas axudas á formación de técnicas e adestradoras para acadar os títulos esixidos". Carmela Silva sinalou que no deporte feminino de elite os homes son o 84%, no masculino a ausencia de mulleres é total (agás na Sociedade Deportiva Teucro).
"O noso apoio con recursos para pagar as matrículas será un novo elemento revulsivo para que se formen", dixo a presidenta provincial. Con esta iniciativa no goberno provincial "damos outro paso para que esteamos representadas no mundo do deporte".
As bases das axudas publicaranse a semana que vén no Boletín Oficial da Provincia.