Portonovo, primeiro porto deportivo galego cunha plataforma flotante de loita contra a contaminación
Por Redacción
O Club Náutico de Portonovo instalou a primeira plataforma flotante de loita contra o lume e a contaminación mariña dun porto deportivo de Galicia.
Trátase dunha instalación pretende contribuír a mitigar o cambio climático ao dispoñer dunha infraestrutura para a contención e prevención, contribuíndo a minimizar o impacto económica como ambiental en caso dun accidente.
Este obxectivo lógrase mediante as ferramentas para a contención de accidentes mariños, dotación de equipamento anticontaminación para instalacións costeiras.
A plataforma dispón dun equipo móbil de loita contra incendios mariños, material para a contaminación mariña por hidrocarburos e un equipo móbil de recollida de augas negras e grises.
Con lestes equipos mellorarase a prevención medio ambiental mariña e o litoral, permitindo atender sinistros marítimos por incendios en embarcacións, contaminación mariña por hidrocarburos e recollida de augas de sentinas e negras mediante unha resposta practicamente inmediata en caso de suceder algún destes desastres marítimos dentro da Ría de Pontevedra.
Esta actuación contou co financiamento do Fondo Europeo Marítimo de Pesca da Unión Europea (FEMP), con apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro GALP6.