Atopan unha avelaiona común inmóbil en Rosalía de Castro
Por Redacción
Unha avelaiona común, adulta, foi localizado na rúa Rosalía de Castro en Pontevedra nas últimas horas. A ave rapaz atopábase estática e existía o risco de que alguén puidese facerlle dano ou ser cazada.
A persoa que a atopou entregáballo á Asociación Educativa e Cultural Animais do Mundo (AECAM-Galicia) que espera a recuperación deste animal salvaxe. Desde este colectivo advirten da importancia de proceder correctamente ante a aparición destes animais.
Indican que, por descoñecemento, numerosas persoas levan ao animal que capturan para a súa casa, xa sexa mamífero ou xa sexa un ave. Despois ofrecen alimento e, en numerosas ocasións, de maneira errónea podendo causarlles danos. Neste caso ofrecéronselle salchichas, unha decisión desacertada, segundo os técnicos especialistas.
Aconsellan non proporcionarlles nunca comida. Buscar información ou chamar a un centro de atención de animais ou a AECAM para asesorarse. Mentres se garda á espera de ser recollido, o animal debe atoparse nun lugar tranquilo, sen ruídos e sen ningún tipo de alimento.
Relacionadas:
-
RADIO.- Salcedo acollerá este domingo as I Xornadas de Biodiversidade cun sobresaínte grupo de expertos
Por Redacción |
-
Non é unha invasión, os animais salvaxes xa estaban aquí
Por Manu Otero |
-
Está a túa mascota farta de que esteas na casa?
Por Manu Otero |
-
Galicia non é país para suricatas
Por Manu Otero |
-
RADIO.- Podcans: Aecam imparte charlas para coidar mellor ás mascotas que teñamos en casa
Por Redacción |