Abre o Mercado Solidario da AECC nunha nova ubicación
Por Mónica Patxot & María José Pita
Tras a súa suspensión no Nadal de 2020 debido á situación sanitaria, o Mercado Solidario da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Pontevedra abría as súas portas este luns 15 nunha nova localización: o baixo do número 10 da rúa Gutiérrez Mellado, que ocupou ata o seu peche hai case dous anos a tenda de accesorios Day&Day.
Dado que este espazo ten unhas dimensións inferiores a anteriores localizacións, desde a AECC avisan de que non se recollerán téxtiles, calzado, xoguetes nin enciclopedias. Todas aquelas persoas que desexen doar algún outro obxecto para a súa venda poden achegarse ata o local, onde serán atendidas polo persoal voluntario, perfectamente identificado co seu chaleco verde. Para esta campaña hai un equipo de voluntariado que supera as 40 persoas.
A previsión é que as instalacións estean abertas máis aló das datas de Nadal, ata o 15 de xaneiro aproximadamente, no seguinte horario: de luns a sábado, de 10.30 a 13.30 e de 17.30 a 20.30 horas.
Na inauguración atopábase a presidenta provincial da AECC, Carmen Abeledo, quen explicaba que cos beneficios das diferentes actividades que leva a cabo a asociación "facemos posibles todas as accións que realizamos, como é a atención psicolóxica, a atención social, a logopedia e todos os servizos que son gratuítos da Asociación Española contra o Cancro, tamén o que facemos en canto á prevención do cancro e a investigación".
No último mercado, celebrado en 2019, conseguiuse recadar 20.000 euros. Para tentar acadar cifras similares nesta 27 edición, a presidenta provincial anima aos pontevedreses a que se acheguen pola tenda, "todo o mundo que se queira pasar será sempre benvido porque o que se recade vai ser para estar acompañando no camiño da enfermidade aos pacientes oncolóxicos e aos seus familiares".
Aquelas persoas que visiten o Mercado Solidario poderán comprar os seus primeiros artigos do Nadal, desde libros, complementos de vestir ou pezas de decoración.
Nos minutos iniciais de apertura puidemos asistir ás primeiras vendas: un xogo de pratos de louza e un "misterio" de porcelana.
Relacionadas:
-
Mércores 5, último día do Rastrillo Solidario da Asociación contra o cancro
Por Redacción |
-
Inaugurada a nova sede da Asociación Contra o Cancro en Pontevedra
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Os roteiros saudables da Asociación Contra o Cancro reúnen a 40 persoas en Pontevedra
Por Redacción |
-
154 persoas recibiron asistencia da Asociación contra o Cancro en Cerdedo-Cotobade durante 2020
Por Redacción |
-
Escolares de Vilaboa recadan alimentos e diñeiro para os máis necesitados
Por Redacción |
-
A AECC financiará unha investigación da UVigo para detectar o risco de cancro de colon no microbioma
Por María José Pita |
-
A Deputación levará o Apalpador a 45 concellos da provincia este Nadal
Por Redacción |
-
Dous meses por diante para axudar á AECC co seu 'rastrillo' solidario
Por Redacción |
-
A asociación contra o cancro pecha o "rastrillo" con récord de vendas
Por Redacción |
-
O rastro solidario da AECC abre as súas portas na rúa Michelena
Por Manu Otero |
-
O "rastrillo" do Nadal da asociación contra o cancro recadou 20.086 euros
Por Redacción |