Continúa o aumento de casos covid na área sanitaria: 156 enfermos con infección activa, 32 máis que o mércores
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés contabiliza este xoves un total de 156 enfermos con infección activa, 32 máis que na xornada de onte. Entre eles hai tres pacientes que se atopan ingresados en planta. Un mantense no Hospital do Salnés e outros dous atópanse no Hospital Montecelo. Trátase do mesmo número que na última xornada. A Unidade de Coidados Críticos permanece sen enfermos de covid.
Nas últimas horas detectáronse 37 novos contaxios nas probas PCR realizadas nesta área. Trátase de 24 casos máis que na xornada do mércores.
Non se rexistraron falecementos nos últimos días porque o número de vítimas mortais en Pontevedra-O Salnés continúa sendo de 205 pacientes desde o inicio da pandemia.
DATOS EN GALICIA
Segundo os datos da Consellería de Sanidade, nas últimas 24 horas detectáronse 254 novos positivos. Trátase de 40 contaxios diarios máis respecto a os contabilizados o mércores e 150 máis respecto ao xoves da semana pasada.
O número de casos activos tamén continúa incrementándose alcanzando este xoves a cifra de 1.749, un total de 209 máis que na xornada anterior. Prodúcese un descenso no número de hospitalizacións, con seis menos, deixando o número en 54 pacientes en planta e outros 12 nas Unidades de Coidados Críticos, un máis que onte.
Por áreas sanitarias, o número de casos activos é o seguinte: Ourense: 412 (+47); A Coruña-Cee: 367 (+26); Vigo: 360 (+47); Lugo: 170 (+17); Santiago-O Barbanza: 167 (+30); Pontevedra-O Salnés: 156 (+32) e Ferrol: 117 (+10).
Nas últimas horas, a Consellería informou da morte de dúas mulleres, unha de 86 anos no Hospital Lucus Augusti de Lugo e outra de 93 anos, no Complexo Hospitalario de Ferrol, que falecían o 16 e o 17 de novembro, respectivamente. Ambas contaban con patoloxías previas. A cifra total de mortes ascende en Galicia a 2.661 persoas desde o inicio da pandemia. Curáronse 180.716 enfermos, 43 persoas máis nas últimas horas.
Relacionadas:
-
28 contaxios por covid nun día, con 4 hospitalizados na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Vinte novos contaxios elevan a 170 os casos activos por covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia reabre os 'vacinódromos' coa mirada posta en vacinar "o antes posible" aos escolares
Por Alejandro Espiño |
-
O 'vacinódromo' terá prazas de estacionamento de balde só para as persoas con mobilidade reducida
Por Oskar Viéitez |
-
124 casos activos, este mércores 17, na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés con tres persoas ingresadas en planta hospitalaria
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Segue o ascenso de casos covid na área sanitaria e Galicia suma dúas novas mortes pola enfermidade
Por Redacción |