A prevención dos problemas de saúde mental e do suicido, unha prioridade para Sanidade
Por Redacción
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, afirmou este sábado en Pontevedra que a prevención dos problemas de saúde mental e do suicidio nunha das liñas estratéxicas do departamento que dirixe.
García Comesaña ha inicidio neste asunto no marco da inauguración da XXIX Reunión da Asociación Galega de Psiquiatría.
No acto o conselleiro salientou que o goberno autonómico puxo en marcha o Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024, co que se prevé crear máis de 200 novas prazas de atención psiquiátrica así como habilitar máis recursos e atención ás doenzas mentais.
No marco deste plan, defendeu o conselleiro, incorporouse xa a 95 dos 120 novos profesionais previstos e puxéronse en marcha varias unidades especializadas en atención a persoas en risco de suicidio.
Ademais, para 2021 o Sergas ten previsto a creación de 43 novas prazas en diferentes categorías.
Paralelamente Sanidade convocou por primeira vez unha liña de subvención específica para as entidades sociais que desenvolvan programas de prevención do suicidio co obxectivo de detectar situacións de risco e concienciar sobre esta problemática.