Unha ducia de voluntarios limpa a presa do Muíño de Cabanas
Por Redacción
Un grupo de doce persoas voluntarias convocadas polo colectivo ecoloxista Vaipolorío limpou este sábado a presa do Muíño de Cabanas, na parroquia de Salcedo.
O de Cabanas foi o primeiro muíño restaurado no río Gafos, denominado alí río Tomeza, aínda que na mesma parroquia os veciños tamén arranxaron outros dous, os da Cancela de Arriba e de Abaixo -no 2006 e o 2010-, situados xunto ao río Cubela, un afluente do Tomeza.
Os traballos consistiron na retirada da terra procedente das crecidas do río e tamén moita folla, xa que a canle do río está rodeado de árbores de folla caduca.
O obxectivo era impedir que se obstruise a presa e mesmo que queda obstaculizado o cubo do muíño, de modo que este se atope en óptimo estado no momento de maior afluencia de auga para poder moer.
Os responsables de Vaipolorío destacan que se trata de traballos típicos do mantemento do muíño, o único capaz de moer.
Relacionadas:
-
Vaipolorío acomete a poda da "maceira de río" no Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío recupera a lenda do demo asubiador para felicitar as festas
Por Redacción |
-
Denuncia de Vaipolorío contra Red Eléctrica Española pola corta de vexetación de ribeira en Bertola
Por Redacción |
-
Retiran 80 quilos de lixo do tramo urbano do Gafos nunha nova xornada de limpeza simultánea de ríos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Pontevedra súmase á XIV Limpeza Simultánea de Ríos organizada en municipios de toda Galicia
Por Redacción |