Os negocios de Marín afectados pola pandemia poderán recibir unha axuda de 1.000 euros
Por Redacción
O Concello de Marín acaba de convocar unha nova liña de axudas directas coas que inxectar liquidez á economía local e reducir na medida do posible o impacto da pandemia nos negocios da localidade.
Trátase dunha convocatoria de axudas dirixida a traballadores autónomos, microempresas e pequenas empresas cun máximo de 10 empregados e un millón de euros de cifra neta de negocio.
Poderán optar a elas os responsables de cafeterías, bares, restaurantes, axencias de viaxes, ximnasios e centros similares, empresas de organización de eventos e locais de celebracións infantís.
O importe total deste programa de axudas será de case 71.000 euros e os participantes poderán recibir axudas dun máximo 1.000 euros por negocio.
Para poder acceder a estas axudas, os negocios deberán estar en Marín e acreditar que a súa actividade se viu mermada ou pechada forzosamente polas restricións sanitarias.
As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Marín ata o 19 de decembro.
A inversión realizarase con cargo ao Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra.
Relacionadas:
-
As entidades deportivas de Marín repartiranse unha subvención municipal de 90.000 euros
Por Redacción |
-
O BNG de Marín pide maior control para que as terrazas da hostalería non prexudiquen ao comercio
Por Redacción |
-
Marín pide que os concellos reciban directamente a porcentaxe das axudas europeas que lles corresponde
Por Redacción |