Iván Bello, novo responsable comarcal do BNG en Pontevedra
Por Diego Espiño
O Consello Comarcal do Bloque Nacionalista Galego en Pontevedra ten novo responsables.
Trátase de Iván Bello, edil en Barro e que substitúe no cargo ao pontevedrés Demetrio Gómez.
"Imos a continuar traballando na mesma liña pero con forzas renovadas", asegurou na súa presentación o representante do BNG, que estará acompañado de Ana Peralba como número dous e do propio Demetrio Gómez como número tres.
Este órgano de decisión da formación nacionalista, que conta con 35 integrantes entre os que se atopan tres alcaldes dos municipios da zona, 19 edís, deputados e o vicepresidente provincial, completarase en próximas datas tras a renovación das diferentes agrupacións locais.
Con este movemento, que supón unha renovación segundo Bello de "case o 50%" apostando pola mocidade cunha decena de persoas "de menos de 30 anos", o BNG quere chegar preparado con ganas de "sair a por todas" tanto nas próximas eleccións municipais como nas autonómicas, nas que "temos o reto de conseguir por primeira vez a presidencia da Xunta, e imos a facer desde esta comarca todo o posíbel para que Ana Pontón sexa presidenta".
Asegura Iván Bello esta nova executiva comarcal tentará canalizar o "momento de entusiasmo" que vive o nacionalismo galego e que "ten que servirnos de empuxe".