O autocine de Nadal volve a Fexdega con tres funciones gratuítas
Por Redacción
Tras a excelente acollida que tivo o ano pasado a primeira edición do Autocine de Nadal, a Concellería de Xuventude que dirixe Alba Briones repite este ano a experiencia cun programa no que está prevista a proxección de tres películas destinadas ao público familiar.
O autocine emprazarase outra vez no aparcamento traseiro de Fexdega e a asistencia será de balde con reserva previa a través da plataforma vivetix.com.
O ciclo comezará o domingo 26 de decembro coa proxección de "Santa Claus y CIA". A seguinte sesión será o xoves 30 de decembro, e o título "El origen de los guardianes". E o venres 7 de xaneiro, como clausura das vacacións e das festas de Nadal, proxectarase "Los Croods: una nueva era".
Todas as sesións do Autocine de Nadal comezarán ás 19.30 horas. Os asistentes deberán chegar cuns minutos de antelación e presentar as súas reservas para ir accedendo cos vehículos ao aparcamento posterior de Fexdega, onde serán debidamente aloxados.
As películas proxectaranse nunha pantalla de 150 metros cadrados de superficie e o son chegará ao interior dos vehículos mediante a sintonización da radio no dial que se lles indicará na entrada.