Películas familiares no autocine montado para este Nadal en Fexdega
Por Redacción
O Concello de Vilagarcía continúa coa programación de Nadal dedicada aos nenos e nenas. Deste xeito, adaptando as súas propostas de ocio e cultura ás circunstancias da pandemia, porán en marcha un Autocine de Nadal.
Será no aparcamento posterior de Fexdega con asistencia de balde para as películas pensadas especialmente para o público familiar.
En total serán tres proxeccións, unha en cada unha das semanas das festas. O ciclo comezará o mércores 23 de decembro coa proxección da película española de animación 'Klaus', nominada aos Óscar e que obtivo varios Premios Goya no ano 2019. A seguinte sesión será o mércores 30 de decembro coa proxección de 'Se armó el Belén', película española de 2017. Por último o 7 de xaneiro, clausurará as festas un dos clásicos do cine, 'ET', de Steven Spielberg.
Todas as sesións comezarán ás 19.30 horas. Os asistentes deberán chegar cuns minutos de antelación, accedendo cos seus vehículos ao aparcamento posterior de Fexdega, onde serán debidamente aloxados. A película proxectarase nunha pantalla de 150 metros cadrados de superficie e o son chegará ao interior dos vehículos mediante a sintonización da radio no dial que se lles indicará na entrada. Deste xeito, as familias poderán gozar destas películas navideñas e familiares nunha experiencia pouco frecuente e á vez segura en relación aos protocolos covid.
Relacionadas:
-
O autocine de Nadal volve a Fexdega con tres funciones gratuítas
Por Redacción |
-
O Padroado de Fexdega aproba a disolución da Fundación
Por Redacción |
-
'E.T., o extraterrestre' porá fin ao Autocine de Nadal no aparcadoiro de Fexdega
Por Redacción |
-
Vilagarcía ampliará o parque canino de Fexdega e creará dous máis
Por Redacción |