"Por Difuntos a xente segue a mercar ramos, centros e coroas"
Por Redacción & Mónica Patxot
Un total de 60 postos instaláronse este xoves na praza da Ferrería para a venda de flores. ÿ un número similar ao de todos os anos. Como sempre trátase de persoas procedentes de Pontevedra e dos concellos da comarca.
A xornada comezou para eles moi cedo coa instalación dos postos, unha vez que os servizos municipais delimitaron con cintas sobre o pavimento da praza o espazo para cada un.
Pola tarde a a choiva baleirou de xente a praza e os vendedores optaron por recoller os seus postos, tampouco lles quedaba moita mercadoría porque a venta foi boa, "por Difuntos a xente segue a mercar ramos, centros e coroas", indicaba unha vendedora.
En canto aos prezos os crisantemos e gladiolos custaban 1,5 euros a unidade, os lilium, 2 e as rosas 2,5 euros. Ademáis, a ducia de caraveis vendeuse a 6 euros e había centros de distintos prezos, dende 15 euros os máis baratos, ata 30 os de orquídeas.