"Por Difuntos a xente segue a mercar ramos, centros e coroas"
Un total de 60 postos instaláronse este xoves na praza da Ferrería para a venda de flores. ÿ un número similar ao de todos os anos. Como sempre trátase de persoas procedentes de Pontevedra e dos concellos da comarca.
A xornada comezou para eles moi cedo coa instalación dos postos, unha vez que os servizos municipais delimitaron con cintas sobre o pavimento da praza o espazo para cada un.
Pola tarde a a choiva baleirou de xente a praza e os vendedores optaron por recoller os seus postos, tampouco lles quedaba moita mercadoría porque a venta foi boa, "por Difuntos a xente segue a mercar ramos, centros e coroas", indicaba unha vendedora.
En canto aos prezos os crisantemos e gladiolos custaban 1,5 euros a unidade, os lilium, 2 e as rosas 2,5 euros. Ademáis, a ducia de caraveis vendeuse a 6 euros e había centros de distintos prezos, dende 15 euros os máis baratos, ata 30 os de orquídeas.
Mercado de flores na Ferrería
Un total de 60 postos instaláronse este xoves na praza da Ferrería para a venda de flores, é un número similar ao de todos os anos
© Mónica Patxot