Operativo de tráfico con motivo da celebración da San Silvestre
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Pontevedra organizou un operativo con motivo da celebración da carreira popular San Silvestre 2021 o vindeiro venres 31 de decembro de 08:30 a 18:30 horas.
A proba ten saída dende o Paseo da Xunqueira, nas inmediacións do Parque de maquinaria da Deputación Provincial percorrendo o Paseo da Xunqueira o Camiño do Mageiro e Paseo da Xunqueira ata o parque da zona sur da Avenida de Domingo Fontán.
Programáronse peches de rúas e accesos permitidos. Así, no horario indicado péchase o Camiño do Mageiro en ambos sentidos entre a PO-531 (estrada de Vilagarcía) e as rúas Martín Codax e Santiña.
Os vehículos procedentes da rúa Santiña poderán circular cara a rúa Martín Codax e cara a rúa da Gándara.
Permitirase o acceso de vehículo á rúa Martín Codax dende a Avenida Domingo Fontán só a residentes e para o acceso cara a rúa da Gándara.
Relacionadas:
-
Rara e solleira San Silvestre para despedir o ano como marca a tradición
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A San Silvestre supera os 2.000 corredores e pecha a inscrición en liña
Por Redacción |
-
A San Silvestre acelera nas inscricións e esgota todas as súas prazas en horario de tarde
Por Diego Espiño |