A Garda Civil detén un grovense que colgaba na internet titoriais para fabricar explosivos
Por Oskar Viéitez
Axentes da Garda Civil detiveron este mércores un veciño do Grove por colgar na internet titoriais nos que ensinaba a fabricar explosivos.
O operativo desenvolveuse a media mañá nas localidades do Grove e Sanxenxo e nel participaron técnicos do Tedax, os axentes especializados na desactivación de explosivos.
Despois de pasar a disposición xudicial o detido quedou en liberdade con cargos.
Na intervención dos axentes do instituto armado foi confiscado diverso material empregado na fabricación de bombas, que agora será analizado antes de proceder á súa destrución.
A operación continúa aberta e ten ramificacións noutras localidades españolas.
Relacionadas:
-
A desactivadora de explosivos pontevedresa, Begoña Sampedro, premio á constancia profesional
Por Oskar Viéitez |
-
Preséntase ao exame para recuperar os puntos do seu carné cun pinganillo e píllano
Por Redacción |
-
Detido en Sanxenxo un home de 35 anos por fabricación ilegal de explosivos
Por Redacción |
-
Detido un mozo que se vestía de enfermeiro para roubar no hospital
Por Oskar Viéitez |