Preséntase ao exame para recuperar os puntos do seu carné cun pinganillo e píllano
Por Redacción
A Garda Civil sorprendeu na aula de exames da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra a un cidadán que realizaba exames para a obtención do permiso de conducir, con medios técnicos destinados a envío de imaxes e recepción de audio, que consistían nun dispositivo bluetooth, auricular e cámara.
A identificación foi practicada polos compoñentes do GIAT do Subsector de Tráfico de Pontevedra, cando se atopaban realizando labores de inspección e control documental na realización dos exames teóricos do permiso de conducir da clase B.
Co fin de non interferir no proceso de exames do resto de opositores, esperouse á finalización das probas para proceder á identificación do cidadán, veciño de Vilanova de Arousa, de 39 anos, o cal realizaba o exame para a recuperación de puntos no seu permiso de condución, xa que non quedaba ningún.
Por iso interviuselle os medios técnicos utilizados e quedou automaticamente excluído do exame.
É frecuente que os compoñentes do GIAT do Subsector de Tráfico realicen controis sobre os cidadáns que realizan as probas do exame teórico do permiso de condución, debido a que non é a primeira vez que se emprega este tipo de método, mesmo suplantacións de identidade nalgúns casos.
Relacionadas:
-
Pillan un home de 56 anos no exame de recuperación do permiso de conducir con auricular, teléfono e mini cámara
Por Anxo Lourido |
-
Detido un madrileño que intentou sacar o carnet de conducir en Pontevedra co DNI doutro
Por Redacción |
-
A Garda Civil relaciona a embarcación intervida en Vilaboa co tráfico de drogas
Por Oskar Viéitez |
-
Axentes da Garda Civil interveñen unha partida de máis de 50 quilos de marisco ilegal no Grove
Por Redacción |
-
A Garda Civil detén un grovense que colgaba na internet titoriais para fabricar explosivos
Por Oskar Viéitez |
-
A Garda Civil retira da venda preto de 1.500 xoguetes inseguros, na súa maioría de orixe chinesa
Por Oskar Viéitez |