A Garda Civil relaciona a embarcación intervida en Vilaboa co tráfico de drogas
Por Oskar Viéitez
A embarcación intervida pola Garda Civil no peirao do Porto de San Adrián de Cobres dispoñía de ao redor de 8.000 litros de combustible distribuídos en 160 garrafas e nos depósitos da mesma, ademais de contar con inhibidores de frecuencia, dispositivos de comunicación vía satélite, 7.000 euros en metálico e aprovisionamento de alimentos para unha longa travesía.
O Instituto Armado asegura que esta lancha está "con toda probabilidade relacionada co tráfico de drogas" e apunta que a embarcación tería unha capacidade de ata 2.500 kg de carga.
Lembremos que na madrugada do pasado día 12 de febreiro, tras recibirse diversas comunicacións na Central da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, estableceuse un dispositivo composto por varias patrullas do Instituto Armado e do Servizo Marítimo, podendo constatar a presenza dun camión articulado no peirao do Porto de San Adrián de Cobres, tratando de levar a cabo a botadura dunha embarcación tipo EAV planadora.
Os axentes interceptaron e identificaron aos mesmos, veciños un de Torrelavega, de 47 anos e outro de Vilagarcía, de 48 anos, procedéndose á súa detención como presuntos autores dun delito de contrabando. Ambos os detidos posúen antecedentes policiais por narcotráfico.
Fíxose cargo da investigación, o Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga ( EDOA) da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra.
Tras confeccionarse as oportunas dilixencias, na mañá do día 13 de febreiro, ambos os detidos foron postos a disposición xudicial do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número Tres dos de Cangas do Morrazo, en funcións de Garda, quen decretou o seu ingreso en prisión.
Relacionadas:
-
Prisión para os dous últimos detidos en Arousa en relación cunha planadora localizada en Vilaboa
Por Natalia Puga |
-
Preséntase ao exame para recuperar os puntos do seu carné cun pinganillo e píllano
Por Redacción |
-
Detidos dous homes sorprendidos cunha planadora no peirao de San Adrián
Por Redacción |