A desactivadora de explosivos pontevedresa, Begoña Sampedro, premio á constancia profesional
Por Oskar Viéitez
A garda civil de Pontevedra, Begoña Sampedro Meire, foi galardoada coa distinción de honra á constancia profesional.
A entrega do premio tivo lugar este sábado no Auditorio Municipal da localidade toledana de Lillo, contando coa asistencia de máis de 450 persoas.
Begoña Sampedro, a primeira muller Tédax de España e actualmente a única que hai na Garda Civil, sumou 20 anos na especialidade.
Tédax é o acrónimo de Técnico Especialista en Desactivación de Artefactos Explosivos, a denominación que reciben en España os especialistas cuxa actividade é a neutralización, desactivación e intervención de artefactos explosivos non regulamentarios e a realización dos estudos e informes dos mesmos.
Neste acto tamén se distinguiu a outras cinco mulleres Tenentes Coronel da Garda Civil, o emprego máis alto ao que chegaron as mulleres na Benemérita.