A primeira muller policía local da Illa de Arousa toma posesión do seu cargo
O Concello da Illa de Arousa acolleu a toma de posesión dunha nova policía para cubrir unha vacante existente no persoal.
O acto contou coa presenza do alcalde, Carlos Iglesias, que fixo entrega da placa emblema e do carné profesional á policía.
Tras superar as probas de acceso, realizar as prácticas pertinentes e os nove meses de formación na Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada, a axente incorpórase como funcionaria de carreira, converténdose na primeira muller policía local na Illa.
O concelleiro de Seguridade e Tráfico, Luis Arosa, mostrou a súa satisfacción por ese aumento no cadro de persoal, que pasa a estar formado por un oficial e dous policías.
O número de efectivos seguirá incrementándose a partir do 1 de marzo coa contratación de tres auxiliares nun período de seis meses.
Relacionadas:
-
A muller que rompeu o 'teito de cristal' na Policía Local da Illa
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Aspirantes a policías locais quéixanse por falta de obxectividade nas probas físicas
Por Manu Otero |
-
Detido un mozo que se vestía de enfermeiro para roubar no hospital
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local da Illa ten un novo coche patrulla
Por Redacción |
-
Detido un mozo que escapou do hospital e agrediu un policía na Illa
Por Redacción |
-
Conduce drogada por A Illa cun bebé dentro do coche
Por Redacción |