Xa está activo o novo mercado provisional de Sanxenxo na rúa Progreso
Por Redacción
Os vendedores da praza de Sanxenxo comezaron á primeira hora deste venres a súa actividade no novo mercado provisional da Rúa Progreso.
O local, situado moi preto do antigo mercado, conta cun aparcamento disuasorio moi preto cunha zona reservada para clientes do mercado en horario de mañá para facilitar as compras. Algúns postos de peixe decidiron non abrir hoxe, pero o mercado conta de sete postos fixos e 60 bancadas nunha xornada habitual.
Nas próximas semanas, unha vez conclúase o estudo das 72 vivendas lindeiras do vello mercado, procederase á derriba. O obxectivo, segundo apuntou, o alcalde é que en Semana Santa non quede xa nin resto do edificio na parcela. O novo mercado ten un orzamento de execución superior aos catro millóns de euros. A opción preferente do goberno para o financiamento do mercado son os fondos europeos xa que o proxecto obtivo unha boa puntuación. En calquera caso, o goberno xa mantivo contactos con outras administracións.
O novo inmoble distribúese nunha planta subterránea de aparcadoiro -cunha capacidade para 40 vehículos-, frigorífico, ascensor e montacargas. Terá ademais seis plantas en superficie. A planta baixa e o primeiro piso destinaranse ao mercado. As catro restantes destinaranse a espazos comerciais, culturais e gastronómicos.
Doutra banda, o cambio de dirección da Rúa Madrid, xusto no tramo do vello mercado, púxose en marcha esta mañá con total normalidade. Unha patrulla da Policía Local controlou o tráfico na zona ante posibles descoidos de condutores.
Relacionadas:
-
Empeza a derriba da estrutura exterior do vello mercado de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Ultiman os traballos para desmontar o vello mercado de Sanxenxo antes de derrubalo
Por Redacción |
-
O cambio de tráfico da rúa Madrid será efectivo este venres
Por Redacción |
-
O mercado de Sanxenxo reabrirá o venres na súa nova localización da rúa Progreso
Por Redacción |
-
O mercado provisional de Sanxenxo iniciará a súa actividade a principios de febreiro
Por Redacción |
-
O Concello e os praceiros traballan no novo mercado, que estreará modelo de bancadas
Por Redacción |