As probas do novo Coche de Punto trasládanse a todas as parroquias

Por Redacción

© Concello de Pontevedra

© Softour Sistemas
O concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, indica que o transporte a demanda en Pontevedra continúa o proceso para implantarse ao entrar na segunda semana de probas. O novo Coche de Punto ampliará o seu servizo a todas as parroquias do municipio nos próximos días.
Ata o momento, as probas realizáronse en catro parroquias: Tomeza, Marcón, Salcedo e Ponte Sampaio. Agora trasladarase ás once restantes coa intención de comprobar o funcionamento da aplicación en todo o municipio nesta fase "beta" para que as persoas usuarias ofrezan a súa opinión e acheguen as posibles melloras a realizar neste novo sistema de transporte.
Segundo indican desde o goberno local, simplificaranse diversas accións dentro da app, para facilitar a accesibilidade universal para que calquera persoa poida utilizala sen dificultades. O responsable do departamento de Mobilidade atópase en contacto coa empresa encargada de crear a aplicación para manexar e solicitar o Coche de Punto para ir analizando o desenvolvemento deste proxecto. Ao mesmo tempo, Demetrio Gómez tamén mantivo encontros con persoas usuarias para recoller incidencias e dúbidas que se expuñan sobre o novo servizo.
Relacionadas:
-
O coche de punto poñerase en marcha antes da primavera do 2023
Por Raquel Currás Martínez |
-
Autorización da Xunta para que se desenvolva o 'coche de punto' a través do servizo de taxi
Por Redacción |
-
Pontevedra xa proba o 'coche de punto' para poder "pulir" todo o sistema
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A veciñanza de Tomeza, Marcón, Salcedo e Ponte Sampaio participará nas probas do 'Coche de punto'
Por Redacción |
-
O transporte a demanda será o "coche de punto" e iniciará as súas probas o 31 de xaneiro
Por Alejandro Espiño |