Mil cincocentas persoas asinan en 24 horas a petición de "reapertura inmediata" de Raíña Vitoria
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e o portavoz do grupo municipal do PP en Poio, Ángel Moldes, estiveron presentes na recollida de firmas en contra do peche da avenida de Raíña Vitoria.
Segundo os datos achegados polos populares, desde que se puxo en marcha esta iniciativa hai unhas 24 horas xa se sumaron preto de 1.500 persoas reclamando a "reapertura inmediata" desta avenida. "Nuestras expectativas se han visto superadas", admitiu Domínguez.
Ademais da firma "presencial" nesta carpa, o PP habilitou unha recollida na internet, a través da páxina Change.org.
O portavoz do PP cre que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores "debe poner fin a esta cacicada que no tiene ningún sentido".
Ademais do PP de Poio, nos próximos días, estarán na carpa membros do Partido Popular doutros concellos "también agraviados por la medida" que "ni beneficia ni gusta a nadie", segundo apuntou Rafa Domínguez.
Unha vez máis Domínguez reiterou os argumentos en contra deste peche: "ha matado al comercio local de esta calle, cada vez hay menos locales abiertos, y los que quedan han notado cómo sus ventas han bajado" e ademáis "cada vez es más difícil acceder a Pontevedra" e "existe ya un caos circulatorio en la ciudad".
O PP instou ao alcalde a que "paralice la redacción del bando que certifica el cierre definitivo de la calle".
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez asina ante notario que "lo primero que haga" como alcalde será reabrir Raíña Vitoria
Por Alejandro Espiño |
-
O PP amplía a campaña de recollida de sinaturas contra o peche de Raíña Vitoria a novas zonas
Por Redacción |
-
O PP supera as súas expectativas e recolle máis de 4.000 firmas contra o peche de Raíña Vitoria
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Rueda pon en valor o traballo do PP de Poio, "pegado ás necesidades da cidadanía"
Por Redacción |
-
Lores, sobre Raíña Vitoria: Era o eixo dun "circuíto" de tráfico que "atascaba toda a cidade"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP recollerá sinaturas contra a "cacicada" do peche da Avenida Raíña Vitoria
Por Redacción |