Finaliza a identificación en Canadá dos nove mariñeiros falecidos tras o afundimento do Villa de Pitanxo
Por Oskar Viéitez
A Delegación do Goberno en Galicia informa de que xa finalizou a identificación dos nove mariñeiros falecidos tras o afundimento do barco Villa de Pitanxo. Os corpos rescatados sen vida pertencen a cinco mariñeiros españois, tres peruanos e un ganés.
Esta información foi trasladada esta mesma tarde ás súas respectivas familias e o equipo de psicólogos atende aos familiares que así o demandaron. O pesqueiro español Playa Menduiña 2 chegaba ás 11.30 horas da mañá deste sábado ao porto de San Xoán de Terranova cos tres mariñeiros sobreviventes do naufraxio e sete das vítimas mortais, sendo recibido polo cónsul xeral de España en Montreal e o cónsul honorario, despois de que onte atracase no mesmo porto o buque Nexus, cos corpos dos outros dous falecidos.
O domingo o Goberno de España fretará un avión A-400 do Exército do Aire para a repatriación dos tres mariñeiros sobreviventes e os corpos dos nove falecidos en canto sexa posible.
A Delegación do Goberno en Galicia, en nome do Goberno de España, agradece o excelente traballo e compromiso das autoridades canadiendes e do consulado, así como a colaboración e coordinación con cásaa armadora, e reitera o seu total apoio e pesar ás familias dos falecidos e desaparecidos, polos que o Goberno decretou loito oficial o vindeiro luns 21 de febreiro.
Respecto aos identificados, son o cociñeiro Fernando Santomé Ferradás, os mariñeiros Daniel Fernando Moré Valladares, Miguel Lumbres Cumpa, Rogelio Franco Damazo Cueva e e do primeiro oficial, o onubense Juan Antonio Cordero Coro, todos eles, con nacionalidade española; os mariñeiros con nacionalidade peruana Diego Andrés Moré Vega e William Arévalo Pérez e o tamén peruano, o engraxador Ricardo Alfonso Cruz Flores; o mariñeiro ghanés Apaanah Pelungo Zure é a novena vítima identificada.
Relacionadas:
-
Prevista a instalación dunha placa en Pontevedra en memoria das vítimas da traxedia do Villa de Pitanxo
Por Redacción |
-
Os tres sobreviventes do naufraxio, "abatidos" e expectantes ante o seu regreso a España
Por Alejandro Espiño |
-
Sae cara o Canadá o avión para repatriar os mariñeiros do Villa de Pitanxo
Por Alejandro Espiño |
-
As familias da tripulación do Villa de Pitanxo mobilízanse para que siga a procura
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
O Goberno fretará un avión para repatriar aos mortos e sobreviventes do naufraxio do Villa de Pitanxo
Por Oskar Viéitez |
-
A campaña de sinaturas para reactivar o rescate dos corpos segue sumando apoios
Por Alejandro Espiño |
-
Rogelio Franco, peruano residente en Pontevedra, primeiro falecido identificado do Villa de Pitanxo
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño |