Volveu pasar, un condutor despistado deixa o seu coche colgado das escaleiras
Por Redacción
Aconteceu na mañá deste domingo. O condutor dun turismo circulaba pola rúa Tetuán, ao lado do Teatro Principal, cando quedou atrapado co seu vehículo ao intentar baixar as escaleiras.
Testemuñas presenciais explicaron que o condutor non se decatou da existencia dunhas escaleiras.
A escena chamou a atención dos clientes que se atopaban na terraza da Taberna Centola.
O condutor non sufriu ningún dano físico como consecuencia do accidente.
Relacionadas:
-
Unha furgoneta queda atrapada nas escaleiras da praza do Teucro
Por Redacción |
-
Un coche queda atrapado nas escaleiras de Tetuán a carón do Teatro Principal
Por Redacción |
-
Encaixa o seu coche nas escaleiras da Praza de Ourense por un despiste co GPS
Por Alejandro Espiño |
-
Un coche da Policía Nacional esnaquiza unha pasarela peonil en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Escaleiras abaixo sobre catro rodas na Ferrería
Por Redacción |
-
A Policía tamén se despista
Por Redacción |