Os veciños de Vilalonga queren un centro de maiores, a conexión co polígono de Nantes e a humanización da rúa principal
Por Oskar Viéitez
A asemblea veciñal convocada pola Comisión para o Desenvolvemento Socioeconómico de Vilalonga (Codesevi) reuniu a máis de 400 persoas que abordaron, no campo de fútbol de San Pedro, unha serie de propostas para revitalizar a súa parroquia ante o declive social e económico que sofre nos últimos anos.
Desta asemblea saíron tres propostas principais, a primeira é a humanización da avenida do Vilar, que atravesa Vilalonga desde a igrexa, un tramo de medio quilómetro da estrada autonómica PO-550. Con beirarrúas grandes que conviden o paseo e a facer compras. Tamén queren que xunto á reforma da praza se dote de prazas de aparcamento.
En segundo lugar, reclaman a conexión co polígono empresarial de Nantes.
E, finalmente, queren que Vilalonga teña un centro de maiores.
Relacionadas:
-
Retirado o pavimento da praza de Vilalonga
Por Redacción |
-
A humanización da praza pública de Vilalonga comezará en setembro e custará uns 900.000 euros
Por Redacción |
-
"Vilalonga morre" e os veciños reuniranse en asemblea para buscar solucións
Por Redacción |
-
Vilalonga disporá dun edificio sociocultural no antigo colexio
Por Redacción |