Aberto o prazo para optar ás obras do Pavillón Pablo Herbello e a ampliación do cemiterio
Por Redacción
O Concello de Bueu abriu o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas económicos para dous proxectos que se acometerán no municipio con financiamento a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Por unha banda atópanse as obras de mantemento e mellora do envolvente exterior do Pavillón Municipal Pablo Herbello. Por outra, atópase a ampliación de nichos, columbarios e cinceiros funerarios no cemiterio de Bueu.
Ata o 14 de marzo poderán presentar as súas ofertas e consultar a información a través da Plataforma de Licitación do Estado na web municipal do Concello.
A obra do Pavillón conta cun orzamento basee de 214.450 euros, IVE engadido. Reformarase o envolvente exterior, tanto na cuberta como nas fachadas, ademais de ampliar a superficie dun local multiusos na planta baixa. O goberno local indica que o edificio presenta unha deterioración apreciable, polo que urxe esta intervención. Tamén se cambiarán os ferros exteriores nos lucernarios por ferros de policarbonato laminado, substituirase a chapa superposta aos paneis sándwich da cuberta horizontal; ademais cambiarase toda a tornillería, con limpeza por "chorreo" e pintado de toda a cuberta, entre outras melloras nunha construción que ten case trinta anos.
O cemiterio de Bueu tamén asumirá obras cun orzamento de 97.990 euros. Instalaranse 108 novos nichos e 52 columbarios nunha ampliación en dous bloques situados aos dous lados da porta principal. Félix Juncal, alcalde de Bueu, sinalou tras a aprobación destas obras pola Xunta de Goberno, que se trata de recuperar unha zona degradada e mellorar a imaxe do pórtico de entrada e dos pavimentos.