A partir do 1 de marzo pechan os dous puntos de test de antíxenos en Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción
A xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informa este luns 28 de febreiro de que esta xornada será a última na que se realizarán test de antíxenos nos dous puntos que se mantiñan activos en Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, situados no aparcamento lateral exterior do Hospital Provincial e no Auditorio Municipal, respectivamente.
Estes cambios organizativos nestes distritos sanitarios responden, segundo o Sergas, aos datos favorables detectados na evolución da epidemia.
En todo caso para manter a actividade dos test de antíxenos, a área sanitaria manterá un único punto para realizar probas PCR.
Será o que permanece aberto na carpa denominada CovidAuto, situada no patio interior na parte traseira do Hospital Provincial de Pontevedra. O acceso a este recinto debe facerse a través da rúa Joaquín Costa.
Aquela poboación que xa se apuntou durante a campaña de test de antíxenos con citación ata o vindeiro venres 4 de marzo recibirá unha notificación para ofrecerlle a posibilidade de realizar unha PCR nesta carpa CovidAuto.
Relacionadas:
-
Os contaxios por covid baixan do centenar diarios, con 1.990 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Os casos activos de covid baixan a 2.158 na área sanitaria e volven a cifras de mediados de decembro
Por Diego Espiño |
-
Dous novos falecementos de pacientes con covid na área sanitaria eleva a 258 as vítimas da pandemia
Por Diego Espiño |