Nova campaña de esterilización de gatos do colectivo 'Castro, luego existo'
Por Redacción
O municipio poiense acollerá nos vindeiros días unha nova campaña de castración de gatos. Trátase dunha iniciativa desenvolta pola entidade 'Castro, luego existo', que conta coa colaboración do Concello de Poio.
Esta iniciativa, que xa se realizou con notable éxito a finais do ano pasado, terá lugar entre os días 4 e 6 de marzo. As persoas que estean interesadas en esterilizar ás súas mascotas felinas terán a oportunidade facelo con prezos económicos e descontos. Para anotarse será preciso poñerse en contacto coas persoas responsables a través do número de teléfono 676509731.
Esta iniciativa enmárcase dentro da campaña Poio En Verde a través da cal búscanse obxectivos como incrementar a calidade medio ambiental no concello de Poio, e construír espazos de sociabilidade e cohesión social dentro dun desenvolvemento sustentable e respectuoso co medio ambiente.
Ademais de ofrecer prezos económicos, desde 'Castro, luego existo' tamén apostan por incluír nesta campaña a posibilidade de realizar descontos na colocación de microchips.
A castración tamén está aberta a animais en celo ou femias que xa estean preñadas. Con respecto á data elixida para levar a cabo esta campaña, desde a Concellería de Medio Ambiente lémbrase que "dentro de poucas semanas será cando empecen a nacer as primeiras camadas do ano, de aí a necesidade de anticiparse".
Ademais deste tipo de colaboracións, a Concellería de Medio Ambiente tamén desenvolve as súas propias actuacións en materia de control de colonias.
Relacionadas:
-
Unha veciña de Poio enfróntase a 30.000 euros de multa polos ataques dos seus cans a viandantes
Por Redacción |
-
Benestar Animal identifica con carnés aos voluntarios que coidan das colonias felinas do municipio
Por Redacción |
-
A comunidade educativa de Poio involúcrase nunha campaña pola creación de espazos verdes
Por Redacción |
-
Férrea marcaxe ás colonias de gatos rueiros por parte do Concello de Poio
Por Redacción |
-
Un xestor privado encargarase das colonias felinas de Sanxenxo
Por Redacción |
-
137 gatos foron esterilizados este mes de novembro na campaña de 'Castro, luego existo'
Por Redacción |