Cuntis contratará trece traballadores durante seis meses
Por Redacción
O Concello de Cuntis anuncia que reforzará o cadro de persoal municipal de cara aos meses de verán coa incorporación de trece novos traballadores contratados durante un período de seis meses ao abeiro dunha subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra.
A selección de persoal realizarase coa colaboración do Servizo Público de Emprego na súa oficina de A Estrada.
Os postos que se ofrecen son: un peón acompañante de lixo, dous traballadores de obras públicas, tres peóns forestais e seis albaneis a xornada completa, aos que hai que engadir un auxiliar administrativo a tempo parcial, cun contrato de 30 horas semanais.
Este incremento de traballadores permitirá ao Concello de Cuntis darlle un pulo a determinadas actuacións municipais en diferentes ámbitos e deseñar traballos concretos en materia forestal.
Manuel Campos, alcalde Cuntis, recoñece que esta liña de axudas artellada pola Deputación de Pontevedra supón un balón de osíxeno para os municipios rurais, nos que a dispersión do territorio dificulta a realización cotiá de tarefas de mantemento en viales e espazos públicos.
Relacionadas:
-
O programa de emprego de Cuntis terá nova edición despois de lograr traballo ao 42% dos participantes
Por Redacción |
-
Incorpóranse os 13 traballadores que reforzarán durante 6 meses a plantilla municipal de Cuntis
Por Redacción |
-
Achega de 25.000 euros da Xunta para a contratación dun técnico de orientación laboral en Cuntis e Caldas
Por Redacción |
-
Os concellos contratan desempregados para a prevención de lumes forestais
Por Redacción |
-
Cuntis repetirá brigada anti incendios este verán e empeza a buscar persoal
Por Redacción |