Mulleres pola Igualdade premia a Ángeles Corredoira como 'Muller do Ano' en Poio
Por Redacción
Ángeles Corredoira Carballa, patroa dunha embarcación no marisqueo a flote, recibiu este sábado o Premio Muller do Ano de Poio nun acto celebrado no salón do Xaime Illa e no que non faltaron os simbolismos e a emoción.
Alí asistiron representantes de asociacións veciñais, confrarías, asociacións de mulleres da provincia de Pontevedra, familiares, amigos e veciños de Poio que quixeron compartir este momento coa gran familia que forma Mulleres en Igualdade a través dos vídeos que se visionaron no acto.
No discurso de agradecemento, Corredoira lembrou ao seu pai e destacou a implicación coas asociacións veciñais, o recordo dos peores momentos vividos durante a pandemia e tamén cara ao pobo ucraíno cunha petición para que este conflito bélico finalice.
Pola súa banda, desde Mulleres pola Igualdade incidiron en que o premio entregado a Ángeles Corredoira confirma que "representa a igualdade sen fisuras facendo gala de ter un potencial feminino inmenso e que xeralmente está oculto".
"A nosa misión", continúan, é "mostralo ao mundo e enorgullecernos del".
Finalmente, desde Mulleres pola Igualdade de Poio aseguran que o éxito da asociación radica en que sendo un grupo moi pequeno de mulleres "parecemos mil e implicamos ás nosas familias en cada un dos nosos proxectos".
"Logramos levar a cabo un acto que ademais de darlle valor ao traballo dunha gran muller fixemos protagonistas a todas as persoas que se implican e participan", sentenciaron desde este colectivo.