8M | Marín destaca o "exemplo" das mulleres profesionais do sector do transporte
Por Redacción
Marín elixiu este 8 de marzo ás mulleres profesionais do transporte como protagonistas da súa conmemoración deste Día Internacional da Muller, cun acto que se celebrou este mediodía no salón de plenos do Concello.
A taxista Amparo Omil González, a condutora da Brilat María Esther Chazo Angueira ou a comandante da Escola Naval Militar, Yolanda Paredes Conesa, estiveron entre as homenaxeadas, que foron compartindo as súas experiencias laborais.
Todas coincidiron en que os inicios son complexos e, tal e como explicaba Yolanda, "parece que tes que demostrar máis que os teus compañeiros". Con todo e pesar das dificultades quixeron recomendar o seu traballo a outras mulleres.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, destacou que mulleres como elas "están cambiando o mundo, creando oportunidades de emprego para as mulleres en traballos aínda moi masculinizados" como o do transporte.
Tras pedir que neste 8M "sigamos mirando cara adiante", Ramallo reivindicou estar "alerta" para as novas maneiras de vivir que trouxo consigo a pandemia non supoña un retroceso "nos pasos que levamos dado e que tanto custaron, porque sabemos que os coidados e os labores domésticos sempre recaen en nós, máis aínda estando na casa".
Relacionadas:
-
8M | Poio reivindica a figura da muller na sociedade durante o seu paro institucional
Por Redacción |
-
8M | "Aínda quedan moitos teitos de cristal para romper"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
8M | Bueu reivindica unha "igualdade real" entre homes e mulleres
Por Redacción |
-
8M | Cerdedo-Cotobade homenaxea ás cociñeiras dos comedores escolares do municipio
Por Redacción |