As instalacións de Rías do Sur pechan temporalmente as piscinas e o spa debido aos custos enerxéticos
Por Marisa Ciordia & Anxo Lourido
Este venres 11, as zonas de auga do Complexo Deportivo Rías do Sur quedarán pechadas temporalmente, segundo indica a empresa Supera, encargada da xestión destas instalacións situadas en Pontemuíños.
Esta decisión impide que tanto particulares como clubs deportivos poidan utilizar as piscinas e as zonas spa do recinto. O resto de servizos, segundo indican desde Supera, seguiranse prestando con normalidade.
A causa desta decisión débese aos "inasumibles custos enerxéticos" que a empresa afrontou durante os últimos meses e que "se manterán e/ou empeorarán nos vindeiros", segundo explican na súa páxina web.
Afirman que os efectos negativos da pandemia, unidos aos "desbocados prezos enerxéticos, agravados polos últimos acontecementos", aludindo á invasión de Rusia a Ucraína, obrigaron a que se adopte esta medida temporal que consideran a máis beneficiosa para a clientela deste complexo deportivo.
A dirección sinala que nas próximas semanas procederase á devolución da parte proporcional dos cursos que se estaban impartindo nas piscinas. Aseguran que cando a situación retorne aos parámetros normais, se voverá a prestar todos os servizos de forma integral.
A decisión afectou gravemente a equipos deportivos da cidade que se enfrontan nas próximas semanas a competicións e que, nestes momentos, carecen dun espazo de similares características para poder desenvolver os seus adestramentos.
Relacionadas:
-
Supera reclama preto dun millón de euros para renunciar á súa concesión en Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
O persoal de Rías do Sur lembra á empresa xestora Supera que asinou un compromiso coa sociedade pontevedresa
Por Anxo Lourido |
-
A Escola Naval e o CGTD, ao rescate dos clubs afectados polo peche de Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
Supera ofrécese a negociar unha rescisión da súa concesión en Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
Tino Fernández defende que "non queremos alternativas que supoñan un parche" para recuperar o servizo en Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
A Federación Española de Natación mostra a súa "estrañeza polo repentino peche" da piscina de Rías do Sur
Por Redacción |
-
O deporte de elite, intranquilo polo peche de Rías do Sur: "Víase vir hai tempo que isto ía ser peor que o Titanic"
Por Diego Espiño |
-
Os populares ofrecen a súa axuda ao Concello para "reducir o impacto do peche da piscina de Rías do Sur"
Por Redacción |
-
O peche da piscina olímpica, unha decisión da concesionaria Supera a nivel nacional
Por Diego Espiño |
-
Clubs e deportistas, na estacada polo peche da piscina olímpica: "Poden chegar a desaparecer os clubs"
Por Diego Espiño |