A Escola Naval e o CGTD, ao rescate dos clubs afectados polo peche de Rías do Sur
Por Diego Espiño
Foron xornadas de moitas chamadas, correos electrónicos e solicitudes, pero os clubs afectados polo repentino peche da piscina olímpica de Rías do Sur empezan a ver a luz ao final do túnel á espera dunha solución definitiva para a instalación.
Mentres iso non sucede, e para que os preto de 500 deportistas federados cos que contan nas súas filas non queden no dique seco, movéronse para buscar horas de auga noutras piscinas da zona.
Neste sentido a Escola Naval Militar e o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) saíron ao rescate das entidades deportivas, coa intermediación do Concello e a Federación Galega de Natación e a colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte, xestora do CGTD.
Desta forma o Natación Galaico, o Waterpolo Pontevedra e o Galaico Sincro teñen previsto reiniciar este mesmo martes os seus adestramentos na piscina da Escola Naval Militar de Marín, tras recibir a confirmación necesaria, unha instalación de 33 metros que dará acubillo a un grupo de 40 nadadores do Galaico que necesitan prepararse para as súas próximas competicións, entre as que destaca o Campionato de España Open de Primavera. "Es muy importante que no dejen de tocar agua", recoñece o director técnico do Galaico, Diego Pérez, agradecendo no seu caso a implicación do presidente da Federación Galega de Natación.
Por alí pasarán tamén equipos do Waterpolo Pontevedra e nadadoras dun Galaico Sincro que aínda que con campionatos nacionais no horizonte prefire "centrarnos en la base" dando horas de adestramento ás súas escolas. En todo caso os seus equipos de natación artística tamén atoparon acomodo momentáneo no Centro Galego de Tecnificación Derpotiva, polo de súpeto ata a primeira das súas competicións nacionais.
Ademais desde o CGTD o seu director, Jesús López, confirma que "estamos intentando reubicar también a nadadores del Galaico aquí", ao que se suma que o Waterpolo Pontevedra xa era un dos clubs que usaba habitualmente as instalacións, en concreto dous días á semana.
O problema da piscina do centro deportivo é a súa alta ocupación, xa que ademais dos deportistas de tecnificación e rendemento que son bolseiros súmase o servizo que dá á Universidade de Vigo e a clubs da cidade como o Tríatlon Rías Baixas, o SAPO de salvamento acuático, o Natación Pons Vetus ou o Club Natación Sincronizada Pontevedra.
A pesar diso a boa vontade de todas as partes implicadas pesou máis supoñendo todo un balón de osíxenos para os afectados polo peche nun momento crítico para eles.
Relacionadas:
-
O referente pontevedrés da natación sincronizada masculina en Galicia
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Supera reclama preto dun millón de euros para renunciar á súa concesión en Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Deportistas e usuarios de Rías do Sur concéntranse en protesta polo peche da piscina olímpica
Por Diego Espiño |
-
Competir no Campionato de España de Natación Artística, un oasis para o Galaico Sincro
Por Redacción |
-
Supera ofrécese a negociar unha rescisión da súa concesión en Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
Tino Fernández defende que "non queremos alternativas que supoñan un parche" para recuperar o servizo en Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
A Federación Española de Natación mostra a súa "estrañeza polo repentino peche" da piscina de Rías do Sur
Por Redacción |
-
O deporte de elite, intranquilo polo peche de Rías do Sur: "Víase vir hai tempo que isto ía ser peor que o Titanic"
Por Diego Espiño |
-
Os populares ofrecen a súa axuda ao Concello para "reducir o impacto do peche da piscina de Rías do Sur"
Por Redacción |
-
O peche da piscina olímpica, unha decisión da concesionaria Supera a nivel nacional
Por Diego Espiño |
-
Clubs e deportistas, na estacada polo peche da piscina olímpica: "Poden chegar a desaparecer os clubs"
Por Diego Espiño |
-
As instalacións de Rías do Sur pechan temporalmente as piscinas e o spa debido aos custos enerxéticos
Por Marisa Ciordia & Anxo Lourido |